AVISOS
22/04/2019
Iberbibliotecas: convocatoria de cursos 2019
Iberbibliotecas
Xuño - Xullo 2019

Iberbibliotecas, o Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas, presenta o seu programa de cursos virtuais dirixidos a bibliotecarios públicos dos países e cidades membros para o ano 2019.

Nesta convocatoria ofrecerá 300 prazas repartidas nos seguintes cursos:

  1. Formación de usuarios e alfabetización informacional
  2. Xestión e preservación do patrimonio dixital

O prazo de inscrición desta convocatoria remata o vindeiro día 16 de maio e os cursos comezarán o día 19 de xuño.

Podedes consultar toda a información sobre a convocatoria, requisitos, datas e programas dos cursos, na páxina web da convocatoria.