AVISOS
06/04/2018
Iberbibliotecas: nova convocatoria de axudas
Logo de Iberbibliotecas
6ª Convocatoria de axudas 2018

Lembrámosvos que o vindeiro día 13 de abril remata o prazo de presentación de proxectos para as axudas postas en marcha polo Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas Iberbibliotecas.

Como xa saberedes os proxectos deberán estar encadrados nas seguintes categorías:

  • Proxectos bibliotecarios innovadores levados a cabo por dous ou máis países membros, dos que a lo menos un deberá ser membro activo do programa Iberbibliotecas.
  • Proxectos para fotalecer redes e sistemas de bibliotecas nacionais, rexionais ou de cidades, orientados a cumprir un ou máis dos seguintes obxectivos:
    • Deseño de plans estratéxicos.
    • Estudos de valor das bibliotecas.
    • Estudos de evaluación de servizos.
    • Deseño de plans de fomento lector.
    • Desenvolvemento de estratexias de comunicación dixital
    • Definición de estándares de servizo.
    • Plan de xestión de coleccións.

Non perdades de vista a data de fin de prazo e animádevos a participar.

Tedes toda a información necesaria na páxina da 6ª Convocatoria de axudas 2018.