AVISOS
06/08/2019
II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
Convocatoria para a participación das bibliotecas

O 8 de agosto, publicarase no DOG a Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2019.

Este premio ten por obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sostibles no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren. O galardón está dotado cun único premiode 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, e será entregado nas II Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia.​

O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Pregamos que, na medida do posible, axilicedes o envío dos vosos proxectos.

Animámosvos a todos a participar.