AVISOS
25/09/2019
II Xornada de bibliotecas públicas de Galicia 2019
Logo II Xornadas de bibliotecas públicas de Galicia
21 de outubro no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, organiza a II Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta celebrarase o 21 de outubro no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Co lema Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos, a II Xornada pretende destacar o importante papel que deben desempeñar as bibliotecas como espazos accesibles e integradores das persoas con diversidade funcional.

Atoparedes máis información sobre o programa na páxina principal e na ligazón de embaixo.