AVISOS
01/10/2019
II Xornada de bibliotecas públicas de Galicia 2019
Apertura do prazo de inscrición

Mañá mércores 2 de outubro ábrese o prazo de inscrición para a II Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia que, baixo o título Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos, se celebrará o luns 21 de outubro no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Mañá mércores 2 de outubro ás 9.30 h., habilitarase a ligazón ao formulario de inscrición na páxina informativa da II Xornada:

https://rbgalicia.xunta.gal/gl/ii-xornada-de-bibliotecas-publicas-de-galicia-2019

A data límite para o envío das solicitudes é o 16 de outubro ás 23.59 h. As prazas ofertadas son 170 e cubriranse por orde de inscrición, dando prioridade ao persoal bibliotecario das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tanto o café (de 11.30 a 12.00 h.) como a comida (de 14.00 a 16.00 h.) terán lugar no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural e están incluídos na inscrición.