AVISOS
22/02/2019
II Xornadas de Xestión do Patrimonio Bibliográfico REBIUN
6 e 7 de Xuño en Santiago de Compostela

Este ano 2018 as Xornadas de Xestión do Patrimonio Bibliográfico, que celebran a súa segunda edición, terán lugar en Santiago de Compostela, na Facultade de Medicina, os días 6 e 7 de xuño.

Estas xornadas organizadas polo Grupo de Traballo de Patrimonio Bibliográfico de Rebiun e pola Universidade de Santiago de Compostela, están dirixidas aos profesionais do ámbito das bibliotecas, os arquivos, a restauración, a documentación, a investigación, o mercado editorial e toda persoa interesada na xestión do patrimonio.

A súa intención é servir de foro para a presentación e o debate entre especialistas de diferentes institucións, sobre a xestión das coleccións patrimoniais en bibliotecas históricas e das coleccións especiais de bibliotecas e/ou arquivos.

Organizaranse arredor de dous bloques temáticos, a xestión da colección e a conservación e restauración.

O prazo de presentación de propostas de comunicacións estará aberto ata o vindeiro 28 de febreiro.

A inscrición para asistir ás xornadas será de balde ata que se esgoten as prazas que se asignarán por riguroso orde de solicitude.

Podedes acceder a toda a información sobre as xornadas (datas, programa, inscricion, datos prácticos etc.) na seguinte ligazón: http://www.usc.es/es/congresos/jgpb/index.html