AVISOS
02/09/2020
III Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2020
Convocatoria para a participación das bibliotecas

No DOG de hoxe 11/08/2020 publícase a Orde ORDE do 29 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2020 (código de procedemento CT237A).

Ten como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas levadas a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia, que busquen resultados positivos para a persoa usuaria, que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan. Deberán ser sostibles no tempo e fomentar a réplica nunha situación distinta pero en condicións similares. Deberán ser innovadores. O galardón está dotado cun único premiode 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, e será entregado nas III Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia.​

O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Pregamos que, na medida do posible, axilicedes o envío dos vosos proxectos.

Animámosvos a todos e todas a participar!.

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS