AVISOS
14/02/2020
Información sobre a remuneración polo préstamo nas bibliotecas de titularidade municipal
Lei 2/2019, de 1 de marzo

Informámosvos de que a Lei 2/2019, de 1 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, publicada no Boletín Oficial do Estado o 2 de marzo de 2019, recolle no seu artigo 37.2 a obriga de remuneración aos autores polo préstamo en bibliotecas de titularidade municipal. Transcribimos a continuación os parágrafos deste artigo:

«Artigo 37. Reprodución, préstamo e consulta de obras mediante terminais especializados en determinados establecementos. […]

2. Así mesmo, os museos, arquivos, bibliotecas, hemerotecas, fonotecas ou filmotecas de titularidade pública ou que pertenzan a entidades de interese xeral de carácter cultural, científico ou educativo sen ánimo de lucro, ou a institucións docentes integradas no sistema educativo español, non precisarán autorización dos titulares de dereitos polos préstamos que realicen.

Os titulares destes establecementos remunerarán aos autores polos préstamos que realicen das súas obras na contía que se determine mediante Real Decreto. A remuneración farase efectiva a través das entidades de xestión dos dereitos de propiedade intelectual. Cando os titulares dos establecementos sexan os Municipios, a remuneración será satisfeita polas Deputacións Provinciais. Alí onde non existen, a remuneración será satisfeita pola Administración que asume as súas funcións. Quedan eximidos da obriga de remuneración os establecementos de titularidade pública que presten servizo en municipios de menos de 5.000 habitantes, así como as bibliotecas das institucións docentes integradas no sistema educativo español.

O Real Decreto polo que se estableza a contía contemplará así mesmo os mecanismos de colaboración necesarios entre o Estado, as Comunidades Autónomas e as corporacións locais para o cumprimento das obrigacións de remuneración que afecten a establecementos de titularidade pública.»

A Disposición final sexta da Lei 2/2019, publicada no Boletín Oficial do Estado o 2 de marzo de 2019, establece que esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no BOE (é dicir, o 3 de marzo de 2019).