AVISOS
06/05/2022
Informe FESABID "Universalizar los servicios bibliotecarios públicos en España"
Presentación no Senado

O pasado xoves, 7 de abril de 2022, presentouse no Senado o estudo “Universalizar los servicios bibliotecarios públicos en España” elaborado por Óscar Arroyo Ortega, xefe de servizo do Libro, Arquivos e Bibliotecas de Castilla-La Mancha, e editado pola Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación y Museística (FESABID).

O informe analiza o marco legal que regula os servizos bibliotecarios en España a partir da lexislación vixente nos distintos niveis da administración, centrándose na situación legal e real dos municipios de menos de 5000 habitantes, especialmente os ubicados en zonas de maior despoboamento.

A presentación do estudo, que se emitiu en directo pola canle de TV do Senado, estivo presidida pola Vicepresidenta primeira do Senado, Cristina Narbona Ruiz, acompañada polo presidente da Comisión de Cultura y Deporte do Senado, Manuel Escarda, a Presidenta de FESABID Alicia Sellés, Óscar Arroyo, autor do informe, Juana Escudero, subdirectora de cultura da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), o Director da Biblioteca Pública do Estado de Las Palmas de Gran Canaria, Antonio Morales e Josefa Fuentes, directora de documentación do Senado.

VÍDEOS RELACIONADOS

Presentación do estudo “Universalizar los servicios bibliotecarios públicos en España” no Senado