AVISOS
28/05/2021
Inspiraciencia 2021
XI Concurso de relatos de inspiración científica organizado polo CSIC

Desde o CSIC solicitan a colaboración das bibliotecas públicas galegas para que os vosos usuarios se animen a participar cunha historia en galego en Inspiraciencia, o certame de relatos de inspiración científica impulsado polo CSIC. O prazo péchase o 13 de xuño e pódense presentar relatos curtos dun máximo de 800 palabras en dúas categorías: mozos (de 12 a 17 anos) e adultos (desde os 18 anos).

Esta iniciativa do CSIC aúna ciencia e escritura dunha forma lúdica para achegar a cultura científica á sociedade, convertendo un teorema, un fito científico ou un dilema tecnolóxico nunha historia de ficción.

Os premiados poderán gañar ebooks, cursos de escritura, subscricións a revistas, lotes de libros de divulgación científica etc.

Máis información en: https://inspiraciencia.es/gl/