AVISOS
30/06/2021
IV Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2021
Convocatoria para a participación das bibliotecas

No Diario Oficial de Galicia de hoxe, 30/06/2021, publícase a Orde do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases do premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2021 (código de
procedemento CT237A)
.

O premio á innovación bibliotecaria de Galicia ten como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia, que busquen resultados positivos para a persoa usuaria e que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan. Ademais, deberán ser innovadores, sostibles no tempo e replicables en condicións similares en situacións distintas.

Establécese un único premio de 3.000,00 € e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visible da súa biblioteca, no seu blog, páxina web ou outros recursos dixitais.

O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS