AVISOS
12/03/2018
IV Premio Literario Nortear
IV Premio Literario Nortear
Novos escritores de Galicia e Norte de Portugal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal, poñen en marcha unha nova edición do Premio Literario Nortear, un certamen que tende pontes de colaboración e permite que a xuventude galega e portuguesa estableza vías de diálogo entre as dúas literaturas.

Este premio ten como obxectivos:

  • Promover a aparición de novos escritores
  • Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción
  • Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
  • Destacar, anualmente, obras literarias orixinais
  • Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras
 
Poderan participar as persoas nacidas na Rexión Norte de Portugal ou Galicia con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que deberán presentar as súas obras no seguinte enderezo:
 
Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
 
Lembrámosvos que o prazo de presentación das obras amplíase ata o día 29 de xuño de 2018.
 
Podedes consultar toda a información nas bases da convocatoria