AVISOS
12/04/2018
IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas
Aberto o prazo para a presentación de resumos de comunicacións

Desde hoxe día 12 de abril  e ata  o 11 de maio, ábrese o prazo para a presentación dos resumos de comunicacións para o IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas que se celebrará en Logroño, os días 28, 29 e 30 de novembro de 2018.

Co lema Bibliotecas Públicas: profesionales para todos los públicos, esta IX edición xirará en torno aos profesionais e os públicos aos que atenden. Esta temática abordarase desde varias perspectivas: desde o eido da formación (regrada e non regrada incluindo ambas na formación permanente), desde os diferentes modelos de xestión nas bibliotecas públicas actuais e, por último, desde o debate das accións que poderían levarse a cabo de xeito sistematizado para que as nosas bibliotecas e os nosos profesionais ofrezan servizos bibliotecarios adecuados para os diferentes colectivos con necesidades especiais.

Máis información en: http://www.mecd.gob.es/congresobp/portada/2018/comunicaciones.html

Para cualquera consulta, os interesados poden dirixirse ao correo da Secretaría Técnica do Congreso: congreso.publicas@mecd.es