AVISOS
04/02/2019
Jeid'19 Abrindo portas
XVI Xornadas FESABID
FESABID Barcelona 2019

Informámosvos de que xa está dispoñible a web das XVI Xornadas Españolas de Información e Documentación, FESABID 2019, que se celebrarán en Barcelona os días 16 e 17 de maio deste ano 2019, co título Abrindo portas: alternativas, oportunidades e impacto do acceso á información.

Os eixos sobre os que xirarán as presentacións, foros de debate e demáis contribucións serán:

Eixo 1: Acceso democrático á información, hacktivismo e liberdade de expresión.

Eixo 2: Liderar o cambio na era dixital: competencias, habilidades, perfís e novos roles na información e documentación.

Eixo 3: Inversión social: traballar en sociedade e crear comunidade.

FESABID pretende mediante estes tres eixos abrir o debate analizando o acceso libre e equitativo aos datos, á información e aos coñecementos desde a sociedade civil.

Nestes momentos está aberto o prazo para a presentación de posters ata o día 1 de marzo de 2019, e en breve se abrirá tamén o prazo de inscrición para participar nas xornadas.

Toda esta información e moito máis poderedes atopala na páxina web das XVI Xornadas: http://www.fesabid.org/barcelona2019

 

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS