AVISOS
25/05/2023
JEID'23 O poder nas túas mans: bibliotecas, arquivos, museos
18ª Xornadas Españolas de Información e Documentación FESABID

Informámosvos das XVIII Xornadas Españolas de Información e Documentación, JEID'23, que se celebrarán en Granada os días 1 e 2 de xuño deste ano 2023, co título O poder nas túas mans: bibliotecas, arquivos, museos.

O programa das JEID23 ofrece unha perspectiva única sobre os avances e as tendencias máis recentes no ámbito da información e documentación, cun enfoque especial nas esferas social, profesional e tecnolóxica. Con máis de 80 relatorios e comunicacións, as JEID23 proporcionarán unha plataforma para o intercambio de coñecementos, experiencias e mellores prácticas no sector.

Toda esta información e moito máis poderedes atopala na páxina web das XVIII Xornadas Españolas de Información e Documentación