AVISOS
31/07/2020
Laboratorios cidadáns distribuídos
Innovación cidadá en bibliotecas e outras institucións culturais

O proxecto "Laboratorios Cidadáns Distribuídos. Innovación cidadá en bibliotecas e outras institucións culturais" ten como obxectivo levar a cabo unha acción con incidencia local e internacional de activación da innovación cidadá entre setembro e decembro de 2020 para facer fronte aos desafíos derivados da crise do coronavirus.

Para iso proponse a celebración de laboratorios cidadáns en bibliotecas, centros culturais, escolas e outras institucións interesadas en habilitar lugares de encontro para a experimentación e o desenvolvemento de proxectos de innovación cidadá.

Para facilitar a colaboración a nivel territorial e sectorial, mediante esta convocatoria convídase a institucións que queiran sumarse ao curso en calidade de “activadoras” destes contornas.

O labor destas institucións consistirá en facilitar a conexión entre os participantes que se atopen na súa área de acción ou no seu territorio (barrio, distrito, cidade, provincia, comunidade autónoma, etc.).Para realizar esta tarefa contarán co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte e Medialab Prado, promotores do proxecto.

As entidades colaboradoras facilitarán o encontro destas persoas a través dun foro específico dentro da web onde se realice o curso. Deste encontro poden saír propostas para organizar un laboratorio cidadán de forma conxunta entre varias institucións, por exemplo. A idea é que os alumnos do curso vexan que non teñen que enfrontarse sós á posta en marcha dun taller: que hai outras institucións que lles apoian e outras persoas interesadas en facilitar que  ésto suceda, achegando o seu traballo e os seus coñecementos.

 

Que espera Laboratorios cidadáns distribuídos das institucións colaboradoras?

 

Antes da celebración do curso  online (entre o 23 de xullo e o 3 de setembro)

- Difusión do proxecto: prepararemos materiais de difusión para que as entidades colaboradoras poidan difundir o proxecto.

- Promoción da participación no curso: animar aos profesionais de bibliotecas, aos usuarios e á cidadanía en xeral, a que fagan o curso co obxectivo de participar dalgunha maneira no taller.

 

Durante a celebración do curso (entre o 7 de setembro e o 16 de outubro)

- Facilitación da creación de comunidades (presenciais ou virtuais) de seguimento do curso

- Promover o encontro dos participantes no curso que se atopen dentro dun ámbito territorial (cidade, provincia, comunidade autónoma…). Isto facilitará o seguimento da convocatoria.

 

Despois do a celebración do curso para a organización dos talleres

- Facilitar a organización de laboratorios cidadáns e a colaboración entre as entidades que desexen facelo.

- Apoiar a difusión das convocatorias.

 

Se es parte dunha institución interesada en colaborar, podes enviar a túa proposta ata o 1 de setembro a través deste formulario:

https:// form. jotform. com/202032755136043

 

Máis información nas ligazóns de embaixo: