AVISOS
07/04/2021
Laboratorios cidadáns distribuídos
2ª edición do curso en liña "Como montar un laboratorio cidadán e construír redes de colaboración"

Aberto o prazo de inscrición para o curso virtual Como montar un laboratorio cidadán e construír redes de colaboración, dentro do proxecto "Laboratorios Cidadáns Distribuídos: innovación cidadá en bibliotecas e outras institucións culturais" que organiza a Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura y Deporte e Medialab Prado.
 
Como novidades nesta edición:

- Revisouse a estrutura do curso e engadíronse contidos.

- Reformulouse o papel das entidades colaboradoras, que farán un acompañamento específico nas súas áreas de influencia, entre elas o mundo rural. Este acompañamento consiste en atender unha canle no foro do curso específico para cada área e ter reunións periódicas cos participantes que o desexen para axudarlles na posta en marcha dos seus laboratorios.

- Traballaranse máis os exercicios e haberá máis implicación dos profesores na atención aos foros e nas sesións de titoría.

- Desenvolverase unha web propia do proxecto.
 
O curso, que é a primeira parte do proxecto, comeza o 3 de maio e ten unha duración de 6 semanas (ata o 11 de xuño). A segunda parte do proxecto consiste na posta en marcha dun laboratorio na vosa biblioteca entre setembro e decembro deste ano.
 
Podedes acceder ao formulario de inscrición a través da web http://labsbibliotecarios.es/  

Máis información sobre o proxecto en: https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/laboratorios-bibliotecarios/labs-distribuidos.html