AVISOS
07/04/2022
Laboratorios cidadáns distribuídos
3ª edición do curso en liña "Como montar un laboratorio cidadán en bibliotecas e outras institucións culturais"

Aberto o prazo de inscrición para o curso virtual "Como montar un laboratorio cidadán en bibliotecas e outras institucións culturais" que se celebrará entre o 16 de maio e o 17 de xuño, dentro do proxecto "Laboratorios Bibliotecarios", e que organiza a Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura y Deporte en colaboración con Medialab Prado.

Como outros anos, haberá sesións de titoría cos profesores para resolver as dúbidas específicas sobre a materia e, como novidade, farase unha sesión semanal onde se poderá charlar con profesionais de bibliotecas que xa puxeron en marcha con éxito un laboratorio, acompañados dun membro do grupo de traballo de Laboratorios Bibliotecarios. Así mesmo, reduciuse a duración do curso a 4 semanas e reordenáronse os contidos para unha mellor execución.