A Dirección General del Libro y Fomento de la lectura, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, e Medialab Tabakalera organizan, para este 2022, a segunda edición do laboratorio de prototipado de proxectos en bibliotecas. Esta convocatoria retoma a iniciativa lanzada na primeira edición, que tivo lugar en Medialab Prado (Madrid) en 2019.
A realización deste laboratorio busca desenvolver, de forma colaborativa, proxectos que poidan ser postos en marcha en bibliotecas de calquera tipoloxía. Nesta ocasión, todos eles teñen que estar relacionados coa temática “Aprender na biblioteca…facendo, investigando, lendo, xogando e coas TIC” (reforzo do rol educativo da biblioteca, que teña que ver coa aprendizaxe ao longo da vida, coa educación informal da comunidade na que se inscribe a vosa biblioteca etc.). Non ten por que ser un proxecto traballado en detalle, senón que é suficiente con presentar unha idea para que poida pensarse e desenvolverse grazas á participación doutras persoas.
O laboratorio terá lugar entre o 15 e o 18 de novembro de 2022 en Medialab Tabakalera, San Sebastián. A través dunha dobre convocatoria (a primeira de proxectos, a segunda de colaboradores), seleccionaranse os proxectos que se van desenvolver e as persoas que conformarán os equipos que axudarán a desenvolvelos.
Podedes consultar as bases da convocatoria nesta ligazón e enviar, antes do 25 de setembro, as vosas propostas de proxecto a través do seguinte formulario: https://forma.administracionelectronica.gob.es/form/open/corp/10434/tgkI
IMPORTANTE: para enviar o formulario correctamente, é necesario pulsar o botón de «validar» e despois o de «enviar».