AVISOS
26/03/2018
A lei do libro 2006 a debate
Xornada "A lei do libro 2006 a debate"
Xornada de avaliación do desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia

Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e a Lectura, a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza esta xornada de avaliación do desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, un texto que foi elaborado colectivamente no seu día e aprobado no Parlamento en 2006.

A partir da análise dos datos empíricos e dos obxectivos que a Lei pretendía e permitía acadar, valoraranse tamén os contidos desta dende a perspectiva legal e administrativa, así como a súa vixencia, fortalezas e feblezas a partir dos puntos de vista achegados polos distintos axentes públicos e privados relacionados con este ámbito. Para isto, e baixo a coordinación de Dolores Vilavedra e Manuel Bragado, contaremos coa presenza de Xavier Senín, Cristina Novoa, Carlos Amoedo, Alba Nogueira, Marcos Lorenzo, Xosé Ballesteros, José Daniel Buján, Susana Castro Barral, Mercedes Queixas, Pilar Rodríguez e Dolores Tobío Barreira.

Deixámosvos ligazóns ao programa completo das Xornadas e ao formulario de inscrición.