AVISOS
02/06/2020
Ler Conta Moito
Continúa a tramitación da Orde do 7 de xaneiro de 2020

Prosegue a tramitación da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT236A). En breve farase pública a Resolución onde incluirase a relación de entidades locais beneficiarias e as cantidades concedidas. Esta publicarase no Diario Oficial de Galicia, no portal da Rede de Bibliotecas de Galicia (http://rbgalicia.xunta.gal) e na páxina web oficial do Portal de Cultura (https://www.cultura.gal)