AVISOS
01/03/2021
Ler Conta Moito
Publicación das bases da convocatoria para que os artistas presenten actividades de dinamización

Publicado o anuncio polo que se informa da apertura do catálogo Ler Conta Moito 2021 para a incorporación de actividades de animación á lectura.

Atoparedes toda a información nos seguintes apartados desta web:

- Ler Conta Moito

- Axudas e subvencións

 

 

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o martes 2/03/2021 e pecharase o xoves 11/03/2021, ás 23.59 h.

 

Do mesmo xeito que na convocatoria anterior, as persoas físicas e xurídicas interesadas en formar parte do catálogo, poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, estas deberán repartirse obrigatoriamente do seguinte xeito:

- 2 actividades de dinamización e promoción da lectura e da cultura de temática xeral.
- 1 actividade que teña como temática central a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.

No apartado "Resumo", os solicitantes poderán consignar se a actividade está dispoñible, ademais de presencialmente, para a súa retransmisión en liña vía streaming.

 

 

Lembramos que para inscribirse na plataforma será necesario empregar os navegadores Mozilla Firefox ou Google Chrome.