AVISOS
21/03/2023
Ler conta moito
Publicación do catálogo Ler conta moito 2023 e apertura do prazo para a programación de actividades

O 20/03/2023, publícouse o Catálogo Ler Conta Moito 2023 na web https://rbgalicia.xunta.gal/rbgler/, co que dá inicio o período no que poden programarse e executarse as actividades.

Na convocatoria da Orde deste ano establécese que todas as bibliotecas e axencias de lectura públicas que solicitaran esta subvención poden seleccionar e executar actividades desde a data de publicación do catálogo. Desta forma, facilítase un período de programación máis amplo, que permitirá a celebración ou conmemoración das datas máis sobranceiras para as bibliotecas e das que conforman o Calendario do Libro e a Lectura 2023.

Non é preciso agardar a resolución das axudas e ter a condición de beneficiario para programar e realizar actividades. Isto implica que, ao facer a programación, os concellos comprométense a asumir a totalidade do gasto en caso de non resultar beneficiarios da subvención.

As bibliotecas ou axencias de lectura solicitantes deben seleccionar no Catálogo Ler conta moito 2023 as actividades de animación á lectura que van realizar, a través da seguinte ruta nesta mesma páxina de rbgalicia.gal: Ler Conta Moito > Acceso a Ler conta Moito 2023> Programación de actividades ou ben directamente a través do seguinte enlace:  https://rbgalicia.xunta.gal/rbgler/solicitudes-subvencion

O prazo para facer a selección comezará o 20 de marzo, data de publicación do Catálogo Ler conta moito 2023 e finalizará o 25 de outubro (ambas datas incluídas)

Na ligazón de embaixo, podedes acceder a toda a información referente á progración de actividades.