AVISOS
15/05/2018
Ler Conta Moito 2018
Logo Ler Conta Moito
Publicación da resolución e instruccións para o desenvolvemento das actividades

Mañá día 16 de maio publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se lle da publicidade ás axudas concedidas dentro do programa Ler Conta Moito 2018.

Dentro do apartado Ler Conta Moito desta páxina web poderedes atopar a listaxe de bibliotecas beneficiarias do programa, un acceso á plataforma para solicitar as actividades a desenvolver e un documento coas instrucións a seguir para o correcto desenvolvemento das actividades e os requisitos que se deben cumprir.

Tedes toda a información no apartado Programa Ler Conta Moito 2018.