AVISOS
17/07/2020
Ler Conta Moito 2020
Próxima publicación no DOG da resolución

O próximo luns 20/07/2020 publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se convoca para o ano 2020 (código de procedemento CT236A).

Na seguinte ligazón atoparedes un adianto da resolución: https://rbgalicia.xunta.gal/sites/default/files/documents/aviso/resolucion_definitiva.pdf

O 20/07/2020 as bibliotecas cuxos Concellos sexan beneficiarios desta subvención recibirán unha mensaxe de correo electrónico coas credenciais para acceder á plataforma e seleccionar as actividades. O prazo para solicitalas comezará ese mesmo día e rematará o 30/07/2020.

Embaixo, atoparedes un documento no que se detallan todos os requisitos, contactos para a aclaración de dúbidas etc.