AVISOS
25/02/2021
Ler Conta Moito
Próxima apertura do prazo para que os artistas presenten actividades de dinamización

O martes 2/03/2021 abrirase un prazo de 10 días para a presentación de actividades de dinamización da lectura no catálogo de Ler Conta Moito 2021. Toda a información (bases da convocatoria,  etc.) publicarase nos seguintes apartados desta web o luns 1/03/2021:

- Ler Conta Moito

- Axudas e subvencións

- Avisos

 

 

Do mesmo xeito que na convocatoria anterior, as persoas físicas e xurídicas interesadas en formar parte do catálogo, poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, estas deberán repartirse obrigatoriamente do seguinte xeito:
- 2 actividades de dinamización e promoción da lectura e da cultura de temática xeral.
- 1 actividade que teña como temática central a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.

No apartado "Resumo", os solicitantes poderán consignar se a actividade está dispoñible, ademais de presencialmente, para a súa retransmisión en liña vía streaming.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o martes 2/03/2021 ata o xoves 11/03/2021.

Lembramos que para inscribirse na plataforma será necesario empregar os navegadores Mozilla Firefox ou Google Chrome.