AVISOS
23/12/2021
Ler Conta Moito
Próxima apertura do prazo para que os artistas presenten actividades de dinamización

O luns 27/12/2021 está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución da Secretaría Xeral de Cultura pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler Conta Moito 2022 de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas públicas.

O prazo para inscribirse e solicitar a inclusión de actividades no catálogo comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata o 31 de xaneiro de 2022.

Ademais, toda a información referente ao Catálogo Ler conta moito 2022 e o acceso á plataforma do programa Ler Conta moito 2022 para a inscrición de actividades publicarase nos seguintes apartados da páxina da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia rbgalicia.xunta.gal:

- Ler Conta Moito

- Axudas e subvencións

- Avisos

Do mesmo xeito que na convocatoria anterior, as persoas físicas e xurídicas interesadas en formar parte do catálogo, poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, estas deberán repartirse obrigatoriamente do seguinte xeito:

- 2 actividades de dinamización e promoción da lectura e da cultura de temática xeral.
- 1 actividade que teña como temática central a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.

As actividades incluídas en anteriores edicións non se conservarán por defecto no catálogo, senón que é preciso dalas de alta de novo. Non obstante, para facilitar a inscrición, poderase recuperar a información relativa a elas.

Para inscribirse na plataforma será necesario empregar os navegadores Edge, Firefox 41 ou superior, Chrome 45 ou superior.

Para resolver as dúbidas ou incidencias que xurdan en relación con este programa, está dispoñible o correo electrónico lercontamoito@xunta.gal e o teléfono 981 95 72 78.