AVISOS
14/06/2019
A lúa dorme no mar
Cursos avisos
Obradoiro de poesía e mediación

A Consellería de Cultura e Turismo a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, convoca o Obradoiro de poesía e mediación A lúa dorme no mar, que correrá a cargo de Antonio García Teijeiro, María Cristina Ramos e Griselda Martínez, e que se desenvolverá no Auditorio Neira Vilas do Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia o vindeiro día 2 de xullo de 10 h. a 14 h.

Este obradoiro está dirixido ao persoal da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, así como ás persoas relacionadas coa animación e dinamización da lectura.

As persoas que desexen participar deben cubrir o formulario de solicitude telemática que atoparán no apartado Documentos e Ligazóns no prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. O prazo comprende desde o día 15 ata o día 24 de xuño, ámbolos dous incluídos. As solicitudes recibidas fora deste prazo non se terán en conta.

A selección dos participantes farase por estricto orde de chegada das solicitudes ata completar o aforo do auditorio.

No apartado Documentos e Ligazóns atoparedes as bases desta convocatoria e a ligazón ao formulario de solicitude.