AVISOS
27/06/2019
A lúa dorme no mar. Obradoiro de poesía e mediación
Ampliación do prazo de inscrición
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, amplía o prazo de inscrición desde o 27 ao 30 de xuño (ámbolos dous incluídos) para o obradoiro de poesía e mediación A lúa dorme no mar. Este obradoiro, que correrá a cargo de Antonio García Teijeiro, María Cristina Ramos e Griselda Martínez, se desenvolverá no Auditorio Neira Vilas do Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia o vindeiro día 2 de xullo de 10 h. a 14 h.

Este obradoiro está dirixido ao persoal da Rede de bibliotecas de Galicia, así como ás persoas relacionadas coa animación e dinamización da lectura.

As persoas que desexen participar deben cubrir o formulario de solicitude telemática en https://docs.google.com/forms/d/10WX7WgnCkkjl1A2lYaEEyJViIe7Wa89nYRuFdaX4hbE/viewform?edit_requested=true 

A selección dos participantes farase por estrito orde de chegada das solicitudes ata completar o aforo do auditorio.

Bases da convocatoria: https://rbgalicia.xunta.gal/sites/default/files/documents/aviso/convocatoria_formacion_2019_1.pdf