AVISOS
20/03/2020
Medidas na Rede de Bibliotecas de Galicia
Adopción de medidas durante o estado de alarma en GaliciaLe

Debido ao peche das bibliotecas e ao aumento na demanda dos servizos de préstamo electrónico, habilitouse un espazo en GaliciaLe (tanto en eBiblio Galicia como no Catálogo galego) para que os cidadáns que non teñen carné de biblioteca poidan autorrexistrarse e teñan acceso ao servizo de préstamo dixital. O prazo para que se acheguen á biblioteca para obter o carné é de 30 días desde o remate da corentena.

1. Se o usuario reside nunha localidade cuxa biblioteca non está en Koha, poderá autorrexistrase co formulario do OPAC de Koha.

No despregable inicial non atopará a súa localidade, polo que terá que selecccionar a opción "Outra localidade". No recadro final "Outras bibliotecas/Otras bibliotecas" indicará a biblioteca á que quere que se lle vincule o carné. Unha vez rematada a corentena, extraeremos os datos para que os bibliotecario poidades dar de alta a estes usuarios nos vosos respectivos programas de xestión bibliotecaria. Rematada a corentena eliminaremos a opción "Outra localidade" así como o recadro final "Outras bibliotecas/Otras bibliotecas" no OPAC de Koha. Un mes despois daremos de baixa a estes usuarios.

 

2. Se o usuario reside unha localidade cuxa biblioteca está en Koha, poderá autorrexistrarse co formulario do OPAC de Koha. Darémoslles un prazo dun mes desde a fin da corentena para que se acheguen á biblioteca para obter o carné. Estes lectores terán a categoría "Autorrexistro" e poderán acceder a GaliciaLe. Unha vez rematada a corentena, se o usuario se dirixe á biblioteca para que se lle faga o carné, asignaraselle a categoría que lle corresponda. Se non fai o carné nese prazo, o rexistro eliminarase automaticamente de Koha e o lector deixará de ter acceso a GaliciaLe.

As bibliotecas Nodais e as municipais migradas na primeria fase (Oleiros, Neira Vilas de Vigo, Laxe, Ortigueira e Sanxenxo) é preciso que teñan en conta que hai usuarios que pasaron do anterior programa a Koha e que manteñen o carné antigo (non teñen, por tanto, acceso a GaliciaLe, polo que, aínda que queiran autorrexistrase non poderán facelo porque xa se atopan na base de datos de Koha). Será necesario que, no caso de que algún destes lectores contacte coa súa biblioteca, os bibiotecarios entren no rexistro do lector en Koha, preman na opción "Crear identidade de rede para o usuario" e, unha vez rematada a corentena, lles expidan unha nova tarxeta.