AVISOS
25/03/2020
Medidas na Rede de Bibliotecas de Galicia
Adopción de novas medidas durante o estado de alarma

1. Clubs de lectura

Debido a que algúns dos clubs de lectura quedaron en suspenso (con libros a piques de empezar, outros a medio ler etc.) procederase a mover as datas de todos os envíos e devolucións de modo que estes días de confinamento non se contabilicen. Por exemplo, agora que xa sabemos que a corentena se prolonga ata o 11 de abril:

- Se un centro ía a ter un libro desde o 1 de marzo ata o 15 de abril, a devolución queda para mediados de maio.

- Se unha biblioteca tiña fixado o 15 de marzo para a recepción dun libro, se lle enviará a mediados de abril e poderá lelo ata finais de maio. Se outra solicitaba ese mismo título para principios de maio, se traslada a súa petición para finais de maio, e así sucesivamente.

No caso de prórroga do confinamento, procederase do mesmo xeito.

Cando voltemos á normalidade é previsible que haxa algúns problemas coas datas de envíos, recepcións etc., pero esperamos que entendades a dificultade de axustar todo o calendario e a case segura sobrecarga de traballo que terán os servizos de envío de paquetería.

 

2. Préstamos

Koha

Debido á prórroga da corentena, a devolución dos préstamos queda novamente adiada para o 13 de abril. Para non inundarvos de correos cada vez que haxa unha nova prórroga, as seguintes, en caso de habelas, se avisarán na páxina da Rede e no OPAC de Koha.

Esta mesma prórroga aplicarase aos usuarios que tiñan pendentes devolucións antes da entrada en vigor do estado de alarma. O obxectivo é evitar que reciban avisos de reclamación durante o confinamento. Estas mensaxes non son efectivas xa que os usuarios non poden achegarse á biblioteca para devolver os documentos e, ademais, producen certa intertidume neles. Esta medida implantarase nos casos de lectores que tiñan préstamos que vencían entre o 28 de febreiro e o 13 de marzo (durante os quince días anteriores á entrada en vigor do confinamento).

Avisamos no OPAC sobre a prórroga dos préstamos, así como sobre o mantemento dos servizos de préstamo dixital a través de GaliciaLe (Catálogo Galego e eBiblio Galicia), co obxectivo de ofrecer aos lectores unha alternativa aos servizos presenciais.

 

Meiga

Dado que aplicar o cambio das datas de devolución en cada un dos catálogos implica que vos trasladedes ás vosas respectivas bibliotecas para actualizalos, e en previsión de que poida haber máis prórrogas do estado de alarma, acabamos de falar co CAU para que a modificación das datas se produza unha vez vaia rematar esta situación excepcional. Será entón cando poderedes poñervos en contacto para comunicar ao CAU que queredes que cambie as datas de devolución automaticamente en todos os préstamos.

Por outra banda, dado que os avisos nos vosos respectivos OPACs hai que modificalos un a un, creamos unha nova mensaxe que será válida en tanto dure esta situación:

Debido á situación excepcional na que nos atopamos, os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia permanecerán pechados durante os días nos que estea en vigor o estado de alarma.

                             Todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata a finalización do confinamento.

Lembra que podes seguir empregando o servizo de préstamo electrónico GaliciaLe (Catálogo galego e eBiblio Galicia). Para calquera dúbida ou problema técnico, por favor remite a túa consulta preferentemente por correo electrónico á túa biblioteca de referencia.

                                                                                                                              Un cordial saúdo.

Deste xeito, non facemos mención a unha data concreta e non haberá que modificar a mensaxe novamente no caso de que a corentena se prolongue. Así mesmo, incluímos unha mención para que os usuarios saiban que poden seguir empregando GaliciaLe.

Aqueles de vós que desexedes que se inclúa esta mensaxe nos vosos OPACs, teredes que dirixirvos ao CAU. Os que xa o fixestes da vez anterior, non precisades contactar co CAU xa que o primeiro aviso substituirase por este novo.

​Bibliotecas con outros programas de xestión

Recomendamos, de novo, a adopción destas mesmas medidas.

 

4. Páxina web

Estamos traballando para incluír na web da Rede unha páxina específica na que poderedes consultar todas as medidas que difundimos a través da sección de avisos e das sucesivas mensaxes de correo elecrónico que vos enviamos. Deste xeito disporedes dunha canle que vos facilitará a consulta conxunta de todas as medidas.