AVISOS
06/05/2020
Medidas na Rede de Bibliotecas de Galicia
Prórroga dos préstamos ata o 11 de xuño

Ante a posibilidade de que o estado de alarma se prorrogue, e para evitar a concentración de usuarios con devolucións que podería producirse cando as bibliotecas estean en disposición de reabrir,  comunicámosvos a seguinte medida:

1. Bibliotecas co programa de xestión Koha

Os préstamos en Koha quedan prorrogados ata o 11 de xuño. Deste xeito, os usuarios poderán facer as devolucións dun xeito máis escalonado e se evitará a concentración de lectores. Estes terán unha marxe ampla para poder achegarse aos centros cando estean en disposición de reabrir. Como xa vos comunicamos anteriormente, esta medida aplicarase aos usuarios que tiñan pendentes devolucións entre o 17 de febreiro e o 13 de marzo (durante os quince días anteriores á entrada en vigor do confinamento).

 

2. Bibliotecas con outros programas de xestión

Para o resto das bibliotecas recomendamos a adopción desta mesma medida para evitar, igualmente, a concentración de devolucións nuns poucos días. No caso dos centros co programa de xestión Meiga, podedes poñervos en contacto co CAU para que fagan este cambio masivo na vosa base de datos, de xeito que os préstamos con datas de devolución próximas ao inicio do confinamento queden prorrogados ata o 11 de xuño. As listaxes de lectores con retrasos que queirades extraer non incluirán, por tanto, a estes usuarios.