A continuación presentamos a relación das medidas adoptadas no catálogo da Rede:
1. Préstamo individual
Todos os préstamos que tiñan a data de vencemento desde o 27 de xaneiro en adiante quedan prorrogados ata o 18 de febreiro. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución. Porase un aviso no OPAC de Koha comunicando esta circunstancia, así como o peche das bibliotecas da Rede.
2. Préstamos a clubs de lectura
- Os préstamos dos clubs de lectura quedan prorrogados ata o 1/03/2021. No caso de que a situación sanitaria actual se prolongue, as devolucións adiaranse novamente.
- Non se atenderán novas solicitudes de petición de libros feitas polas bibliotecas públicas ata a reapertura das mesmas, excepto cando o centro estea a dar continuidade a esta actividade de xeito virtual. Ao non deterse a lectura do libro en curso, non se producirá un retraso na seguinte lectura programada. Nos demais casos nos que a actividade quede suspendida, pregamos vos absteñades de enviar peticións de reservas. INFORMACIÓN ACTUALIZADA 29/01/2021
3. Reservas
Queda deshabilitada a posibilidade de facer reservas desde o OPAC. Mantense esta funcionalidade internamente para que, aqueles de vós que esteades a facer préstamos a través do correo postal ou calquera outro medio non presencial, poidades seguir a empregala.
4. Préstamo intrabibliotecario
Queda deshabilitado.
Así mesmo, comunicamos que as bibliotecas de xestión autonómica suspenden a atención presencial ao público.