AVISOS
28/10/2020
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
O feitizo da ciencia

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas".

Durante todo o mes de novembro terán lugar obradoiros, contacontos, espectáculos, mostras bibliográficas e charlas nas bibliotecas galegas co denominador común da divulgación científica e o obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O manifesto para este ano 2020, baixo o título "O feitizo da ciencia", foi elaborado por Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico.

Máis información sobre as actividades na Axenda de Cultura de Galicia no Ciclo do Mes da Ciencia.