AVISOS
02/11/2021
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
A felicidade de aprender

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas".

Durante todo o mes de novembro terán lugar obradoiros, contacontos, espectáculos, mostras bibliográficas e charlas nas bibliotecas galegas co denominador común da divulgación científica e o obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O manifesto para este ano 2021, baixo o título "A felicidade de aprender", foi elaborado por Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química, investigadora en intelixencia artificial, presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial (AEPIA) e Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña