AVISOS
02/11/2022
Mes da ciencia en galego nas bibliotecas
O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica

Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas".

Durante todo o mes de novembro terán lugar obradoiros, contacontos, espectáculos, mostras bibliográficas e charlas nas bibliotecas galegas co denominador común da divulgación científica e o obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica", foi elaborado por José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe el grupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro".