AVISOS
03/07/2018
Momentos de lectura
XI Concurso de fotografía
XI Concurso de fotografía da Fundación Alonso Quijano

A Fundación Alonso Quijano para o fomento da lectura organiza o XI Concurso de fotografía Momentos de lectura co obxectivo de fomentar a creatividade plástica e artística no ámbito da lectura en todos os seus aspectos e dimensións.

Neste concurso poderán participar todas as persoas que o desexen enviando ata 3 fotografías ata o 15 de xullo de 2018.

De todas as fotografías participantes seleccionaranse un total de 10 que formarán parte do Calendario da Lectura 2019 da Fundación Alonso Quijano. O gañador do premio recibirá un lote de libros de mans da Fundación e a súa fotografía será publicada como a portada do Calendario.

Podedes consultar as bases de participación no concurso na páxina web da fundación.

Animádevos a participar!