AVISOS
06/04/2018
Novidades editoriais e mellora das coleccións. Relación de concellos beneficiarios
Novidades editoriais e mellora das coleccións
Resolución do 23 de marzo

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 240, do 20 de decembro), pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Na seguinte ligazón podedes consultar a relación de concellos beneficiarios en cada un dos programas incluidos na subvención e as cantidades concedidas a cada concello.