AVISOS
10/05/2019
Novidades editoriais e mellora das coleccións. Relación de concellos beneficiarios
Resolución do 30 de abril de 2019

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 26 de decembro), pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Na seguinte ligazón podedes consultar a relación de concellos beneficiarios en cada un dos programas incluídos na subvención e as cantidades concedidas a cada concello.