AVISOS
02/06/2020
Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións
Continúa a tramitación da Orde do 8 de xaneiro de 2020

Prosegue a tramitación da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT235A).

En breve farase pública a Resolución coa relación de entidades locais beneficiarias e as cantidades concedidas por cada programa subvencionable. Esta publicarase no Diario Oficial de Galicia, no portal da Rede de bibliotecas públicas de Galicia (https://rbgalicia.xunta.gal) e na páxina web oficial da Dirección Xeral de Políticas Culturais (https://www.cultura.gal).