AVISOS
15/07/2020
Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións
Próxima publicación no DOG da resolución

O 17/07/2020 publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Na ligazón de embaixo atoparedes un adianto desta resolución coa subvención concedida a cada Concello.