AVISOS
26/04/2022
Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións 2022
Publicación da Resolución programa A

Publicada a Resolución do 12 de abril de 2022 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas para o programa A, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia para a adquisición de novidades editoriais (Programa A) e para a mellora das coleccións no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Programa B), ambas en formato físico, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT235A) (Diario Oficial de Galicia número 24, do 4 de febreiro).

En canto se publique no DOG a resolución correspondente á concesión das axudas para o programa B, informémosvos a través desta web.

Podedes acceder a esta información na sección axudas e subvencións da nosa páxina.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS