AVISOS
19/05/2022
Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións 2022
Publicación da Orde do 5 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2021

Publicada a Orde do 5 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais (programa A) e para a mellora das coleccións no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (programa B), ambas en formato físico, e se convocan para o ano 2022 para adaptala ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento CT235A).

Esta modificación inclúe unha serie de cambios que son, en resumo, os seguintes:

1. Incremento dos fondos do programa B de 350.000 € a 550.000 €

2. Ditos fondos pasan a ser financiados mediante o mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) o que obriga ao cumprimento de novos requirimentos.

3. Observancia dunha serie de normas e marcos de planificación a nivel europeo, estatal e autonómico. Ditas normas aparecen relacionadas na modificación da orde publicada no DOG o 19 de maio de 2022.

4. A relación certificada dos libros adquiridos deberá ser asinada agora pola persoa responsable da secretaría ou intervención da entidade local segundo o informe asinado pola persoa responsable da biblioteca. (Antes da modificación tamén era válido que ese certificado o asinase a persoa responsable da biblioteca)

5. Por último imponse unha serie de obrigas específicas para todos os solicitantes, recollidas no artigo 23, entre as que destaca:

- A presentación dos seguintes anexos antes do 20 de xuño de 2022:

Anexo VI, de aceptación da cesión de datos entre as Administracións Públicas implicadas.

Anexo VII, de compromiso do cumprimento en relación coa execución de actuacións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Anexo VIII, de compromiso de non desenvolver actuacións contrarias ao etiquetado verde e dixital e de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (DNSH).

- A conservación dos documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante 3 anos a partir do pago do saldo ou, a falta de pago, da operación.

- Respectar o Plan xeral de avaliación de riscos de xestión e medidas antifraude e demais recomendacións que aprobe esta Comunidade Autónoma en desenvolvemento da normativa europea.

- Cumprir o compromiso de etiquetado verde e dixital: impulso á nova economía verde e azul.

- Antes do 1 de xuño de 2023, os beneficiarios deberán identificar e catalogar os fondos adquiridos da seguinte maneira:

a. Os concellos integrados no Sistema Único de Xestión Bibliotecaria (Koha) deberán identificar os libros adquiridos consignando no subcampo nota privada ("x") do rexistro de exemplar, o seguinte texto “Nota de adquisición: MRR”.

No caso de que se  adquiran obras inclusivas (de lectura fácil, libros con letra grande ou con pictogramas), esta información consignarase no campo nota xeral (500) do rexistro bibliográfico indicando “Lectura fácil”, "Con letra grande" ou "Con pictogramas", segundo corresponda.

b. As bibliotecas que se xestionen con outro sistema diferente  ao establecido na letra a) deberán achegar un ficheiro no que conste a relación individualizada de libros adquiridos coa seguinte información por cada título: ISBN, título, autor, número de exemplares, idioma,  e se é inclusivo (de lectura fácil/letra grande ou pictogramas), así como a data e soporte no que están catalogados.

- Deberase cumprir cos requisitos que figuren no Manual de imaxe do programa que estará dispoñible na web do Ministerio de Cultura e Deporte (https://www.culturaydeporte.gob.es), en toda referencia en calquera medio de difusión á actuación obxecto das axudas, facendo mención á orixe do financiamento, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento que indique “financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU”.

Contacto para a resolución de dúbidas:

981 95 70 26
981 54 48 10