AVISOS
23/10/2020
Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións
Relación de concellos beneficiarios

Publicada a Resolución do 15 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 31 de xullo) pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria de carácter extraordinaria para o ano 2020