AVISOS
22/01/2021
Novidades editoriais en galego e mellora das coleccións
Publicación da Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se procede á súa convocatoria

Hoxe, 22/01/2020, publícase no DOG a Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT235A).

Trátase dunha única convocatoria que inclúe dous programas de subvencións:

Programa A: Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

Programa B: Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

A finalidade desta convocatoria é posibilitar a mellora dos fondos bibliográficos que configuran as coleccións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, mediante a adquisición de novidades bibliográficas, co obxectivo de colaborar na súa actualización e mantemento e, deste xeito, dar cumprida resposta ás demandas dos usuarios e das usuarias.

Podedes acceder a esta información, e a próximas actualizacións da mesma, na sección Axudas e subvencións da nosa páxina.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS