AVISOS
17/04/2019
Novos títulos de lectura fácil para os clubs de lectura
Club de lectura
Títulos adquiridos neste ano 2019

O Club de lectura de Galicia incrementa os títulos dispoñibles de lectura fácil coas adquisicións realizadas neste ano 2019.

Un total de 50 novos títulos que a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro pon a disposición dos máis de 150 clubs de lectura que existen na nosa comunidade.

Lembrámosvos que no apartado Club de lectura de Galicia tedes á vosa disposición o catálogo de títulos dispoñibles, as normas de funcionamento e unha pequena selección de recursos para a posta en funcionamento dun club de lectura.