O Club de lectura de Galicia incrementa a súa oferta de libros coas adquisicións realizadas neste ano 2023: un total de 80 novos títulos que a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro pon a disposición dos máis de 200 clubs de lectura que existen ao longo da nosa comunidade.
Esta nova adquisición inclúe obras en castelán, galego, inglés, francés, italiano e portugués, banda deseñada, lectura fácil e outro tipo de libros para adultos e nenos e mozos.
Lembrámosvos que no apartado Club de lectura de Galicia tedes á vosa disposición o catálogo de títulos dispoñibles, as normas de funcionamento, os formulario para solicitar a alta dun club e o de solicitude de préstamos.
Podedes consultar os novos títulos adquiridos aquí.