AVISOS
16/07/2018
Novos títulos para os clubs de lectura
Club de lectura
Títulos adquiridos no 2018

O Club de lectura de Galicia incrementa os títulos dispoñibles coas adquisicións realizadas neste ano 2018.

Un total de 68 novos títulos que a Subdirección Xeral de Bibliotecas pon a disposición dos máis de 150 clubs de lectura que existen ao longo da nosa comunidade.

Esta nova adquisición inclúe títulos en castelán, galego, inglés, francés e italiano.

Lembrámosvos que no apartado Club de lectura de Galicia tedes á vosa disposición o catálogo de títulos dispoñibles, as normas de funcionamento e unha pequena selección de recursos para a posta en funcionamento dun club de lectura.

Podedes consultar os novos títulos adquiridos aquí.