AVISOS
28/10/2019
Novos títulos para os clubs de lectura
Club de lectura de Galicia
Títulos adquiridos neste ano 2019

O Club de Lectura de Galicia incrementa os títulos dispoñibles coas adquisicións realizadas neste ano 2019.

Un total de 41 novos títulos que a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro pon a disposición dos máis de 150 clubs de lectura que existen ao longo da nosa comunidade.

Esta nova adquisición inclúe títulos en galego, castelán, francés e italiano, ademáis de obras infantís e xuvenís en lingua galega.

Lembramos que no apartado Club de Lectura de Galicia tedes á vosa disposición o catálogo completo de títulos dispoñibles, as normas de funcionamento e unha pequena selección de recursos para a posta en funcionamento dun club de lectura.

Podedes consultar os novos títulos adquiridos máis abaixo no apartado documentos e ligazóns.