AVISOS
29/09/2022
Novos títulos para os clubs de lectura
Títulos adquiridos no 2022

O Club de lectura de Galicia incrementa a súa oferta de libros coas adquisicións realizadas neste ano 2022: un total de 69 novos títulos que a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro pon a disposición dos máis de 200 clubs de lectura que existen ao longo da nosa comunidade.

Esta nova adquisición inclúe obras en castelán, galego, inglés, francés, italiano e portugués.

Lembrámosvos que no apartado Club de lectura de Galicia tedes á vosa disposición o catálogo de títulos dispoñibles, as normas de funcionamento e unha pequena selección de recursos para a posta en funcionamento dun club de lectura.

Podedes consultar os novos títulos adquiridos aquí.